Arquivo do blog

domingo, 24 de maio de 2020

Semana do 25 ó 29 de Maio de 2020. PADLET.

Ola a todos.

A todos aqueles que dun xeito ou outro me fixéchedes chegar cousiñas, ¡Moitas grazas!.

Pero quero intentar que participedes cantos máis mellor. Esta semana rematamos o mes de Maio e vos propoño construir dun xeito colaborativo este muro, este taboleiro que podedes completar coas vosas aportacións. O faremos con PADLET SOBRE MÚSICA.

Pensade que tedes varias cortizas: unha  para infantil, outra para 1º e 2º,  outra para 3º e 4º e outra para 5º e 6º. Tamén unha para ideas ou reflexións SOBRE MÚSICA.

Nelas podedes completar, engadir, opinar, deixar SOBRE MÚSICA.:
  • Ideas.
  • Aquilo que máis vos gusta de clase.
  • Gravacións.
  • Fotos.
  • Debuxos.
  • Videos.
  • Lembranzas
  • Outros.....
Sempre procurando ser moi tolerante e respetuoso evidentemente.
Os máis pequenos precisarán axuda das familias, pero comprobaredes que este aplicativo gratuito é moi sinxelo e intuitivo.
¡¡¡¡ANIMÁDEVOS a participar!!! SOBRE MÚSICA.

Cantos máis participedes máis completa será a nosa cortiza.


O contrasinal segredo para poder engadir, comentar....é S_  _ p _ _ o. (O barrio donde está o colexio).


Ata o de agora vai así...

luns, 18 de maio de 2020

Semana do 18 ó 22 de Maio de 2020





Auga

Empezamos pola choiva.
Se chove, deixa chover de Treixadura. Aquí vos deixo o texto.

E aquí un video de youtube para escoitar ou cantar enriba. 



A partitura para os máis intrépidos.


Logo de chover, imos revisar o noso acuario.



Sev vos apetece, e a  música vos inspira, podedes facer un debuxo.
A para rematar un xogo co nome das notas. Buscaredes 4 palabras a partir desas notas.

martes, 12 de maio de 2020

Semana do 11 ó 17 de Maio. Letras Galegas

Semana das Letras Galegas

Esta semana celebramos as Letras Galegas dun xeito que nunca imaxinamos.
O homenaxeado  deste ano, Carballo Calero,  era un gran melómano(gustáballe moito a música).
O enlace que vos deixo vos leva a unha actividade interactica da Real Academia Galega da Lingua.
Carballlo Calero e a música

Canción "Las notas musicales"

Todos sabedes o nome das notas. Se alguén non se lembra, podemos repasalas coa Canción do Pirata.
Aproveito un audio que fixemos a miña compañeira máis eu(algúns a coñecéchedes o ano pasado), para que a poidades cantar.
Premede aquí: Las notas musicales


Agora os máis maiores vos podedes enfrontar e este musical xeroglífico.

 Escoita

Aínda que non nos demos conta, a primavera chegou. 
Maio é o mes das flores, da natureza verdescente da qe nos falaba o poema.
Esta actividade consiste en escoitar. Non todas estas cancións vos teñen que gustar, pero algunha seguro que atopades que vos gusta.
Esta lista que atopei en spotify chámase: Primavera en tu ventana, e paréceme unha boa escolma.



domingo, 3 de maio de 2020

Semana do 04-08 de Maio de 2020

ESCOITA

A semana anterior, recoñecemos os instrumetos visualmente.
Tamén clasificamos as familias: corda, vento madeira, vento metal e percusión.
Neste xogo tedes que escoller un instrumento logo de escoitar.


Preme neste enlace


INTERPRETACIÓN 

Chegamos o mes de Maio.
Tamén é o mes das Letras Galegas, que se celebran o 17 de Maio en conmemoración da data da primeira publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.
Aquí tedes "Maio Longo", un fermoso poema de Rosalía, convertido en Música polo gran Baldomir.

Maio Longo





 Movemento e danza

Sei que é moi difícil. Ademais de que precisamos moita xente para bailalo.
Pero é tan divertida. Procurade imitar os pasos,  e cando nos vexamos en persoa procuramos montala.
 

luns, 27 de abril de 2020

Semana do 27-30 de Abril de 2020

Ditados rítmicos

Traballamos os ditados rítmicos con figuras de negra, corchea e silencio. 
O exercicio preséntase por niveis, así que primeiro escollede o nivel 1 e escoitade moi atentos para escoller o esquema rítmico axeitado.

Preme neste enlace 

Percusión corporal

Lembrades a canción do galo? 
E se vos falo de Kokoleoko?

Kokoleoko mama
Kokoleoko
Kokoleoko mama
Koleoko!

Aba mama,
Aba
Aba mama,
Koleoko  

Pedídelle a alguén da familia que o faga contigo.
  

Kahoot dos instrumentos musicais

Antes de xogar eu indagaría un pouco nos nomes dos instrumentos que empregamos no Colexio e dos da familia da orquestra.

 Lembrade poñer o voso nome. Pinchade neste enlace, e a xogar.



Por se alguén o pecisa, o pin do xogo: 0639185 

RETO BEETHOVENIANO

 Este ano 2020 ccúmprense 250 anos do nacemento dun dos compositores máis importantes da historia. 
En Bonn, na sús cidade natal, crearon unha etiqueta publicitaria.
 BTHVN2020

Cada letra corresponde (en alemán) a un rasgo destcado do compositor:
B de Bürger: que en alemán significa ciudán.
T de Tonkünstler: _________________
H de Humanis: ______________
V de __________________:________________________
N de __________________:________________________


Anímovos a escoitar esta semana cada día un movemento dunha obra de Beethoven.
LUNS 27. Septeto en mi bemol mayor op 20
III. Tempo di menuetto

MARTES 28. Sonata para piano núm. 14 en do sostenido menor op 27 núm. 2 "Claro de luna"
Adagio sostenuto II



MÉRCORES 29. Sinfonía núm. 5 en do menor op 67
I. Allegro con brio


XOVES 30. Sinfonía núm. 9 en re menor op 125
IV. Finale-Allegro assai


VENRES 1 de MAIO. Reservei unha obra que un nome moi asociado con este mes.
Sonata para violín y piano en fa mayor op 24 "Primavera"
I. Allegro II. Adagio molto espressivo III. Scherzo. Allegro molto - Trio IV. Rondo. Allegro ma non troppo
 

luns, 20 de abril de 2020

Grândola, villa morena, terra de fraternidade, o pobo é quen máis ordena

O 25 de Abril de 1974 ocorreu algo en Portugal que pasou a historia.
Este sábado celebranse 46 anos da Revolución dos caraveis.


A canción composta por José "Zeca "Afonso convertiuse nun himno.
Os mais maiores do cole ou as familias dos máis pequenos, podedes ler, compartir ou ensinar o poético e simbólico de frear armas e unha ditadura con flores.

Pero imos escoitar xa unha versión de Zeca da canción. Escollín unha na que o pobo canta con el.
Tedes  milleiros de versión na rede.


Na voz de Amália Rodrigues tamén soa fantástico.


 E agora falta a vosa versión. Vos deixo a letra e un video sen voz para que poidades cantar todos na mesma tonalidade.



Se me enviades gravado en audio ou video,  aínda que sexa un anaquiño, o mesturo e logo o subo para que escoitedes o resultado. As familias tamén poden participar.

Correo enviarmo:musicandomisol@gmail.com


Aquí vos deixo un video que fixen mesturando un audio coa letra para que poidades seguilo. O que cantedes, para poder mesturalo,  ten que soar nesta tonalidade. Moita forza para todos.


E aquel que se anime coa partitura.



Regueifas ¡¡¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!!!

A ver se o coñecedes.
O primeiro valente.

luns, 13 de abril de 2020

Semana do 14-17 de Abril de 2020

REGUEIFAS(tod@s)



Esta semana vos propoño algo que podedes facer para esta, para a seguinte, ou para a seguinte da seguinte semana.
Imos aproveitar esta estancia prolongada na casa para compoñer versos e cantalos, para facer unha regueifa coa axuda dalgún ou varios membros da familia.
Propoño un tema: "Levamos un mes na casa"

Hai pouco tempo, no colexio contamos coa presenza de Luís Caruncho. Podedes ver regueifas del en youtube. 

E como este ano  o certame Enreguéifate 2020 faise online. Podedes ler no enlace máis información......


.....podemos aproveitar para facer unha cantas gravacións co móbil e enviarmo a: musicandomisol@gmail.com

 Logo falamos de cales enviamos o certame.