A todos aqueles que dun xeito ou outro me fixéchedes chegar cousiñas, ¡Moitas grazas!.
Pero quero intentar que participedes cantos máis mellor. Esta semana rematamos o mes de Maio e vos propoño construir dun xeito colaborativo este muro, este taboleiro que podedes completar coas vosas aportacións. O faremos con PADLET SOBRE MÚSICA.
Pensade que tedes varias cortizas: unha para infantil, outra para 1º e 2º, outra para 3º e 4º e outra para 5º e 6º. Tamén unha para ideas ou reflexións SOBRE MÚSICA.
Nelas podedes completar, engadir, opinar, deixar SOBRE MÚSICA.:
- Ideas.
- Aquilo que máis vos gusta de clase.
- Gravacións.
- Fotos.
- Debuxos.
- Videos.
- Lembranzas
- Outros.....
Os máis pequenos precisarán axuda das familias, pero comprobaredes que este aplicativo gratuito é moi sinxelo e intuitivo.
¡¡¡¡ANIMÁDEVOS a participar!!! SOBRE MÚSICA.
Cantos máis participedes máis completa será a nosa cortiza.
Pinchade aquí: https://padlet.com/musicandomisol/m8siugi6q6zjtn7a
O contrasinal segredo para poder engadir, comentar....é S_ _ p _ _ o. (O barrio donde está o colexio).
Ata o de agora vai así...
Ningún comentario:
Publicar un comentario